//
estás a ler...
Cambados

Dúas candidaturas para a presidencia da agrupación de mariscadoras


mariscadorasAs eleccións terán lugar este sábado 16 e presentánse dúas listas e mais dúas mulleres de xeito independente. Isto é normal, xa que o procedemento de elección é o de listas abertas, polo que tanto as persoas que se inclúen nalgunha candidatura como as independentes teñen as mesmas oportunidades de saír elixidas.

Entre as dúas candidaturas distíngunse a liderada pola actual presidenta, Isabel Pérez, xunto coa que concorren María José Martínez, Ángeles Trigo, Rosa Costoya, Minia Martínez Bugallo e Teresa Corbelle González. Esta lista di contar co aval do traballo feito, que permitiu regular o sector e asegura que pode plantarlle cara á Consellaría do Mar para conseguir que se contabilicen o 100% dos días de traballo non remunerado, así como extender a todo o ano o período de recollida de miñoca (agora só seis meses).

María José Cacabelos encabeza a outra opción, acompañada de Victoria Oubiña, Ana Padín, Teresa Piñeiro, Carmen Resúa Rey e Rosario Oliveira. Ela di que quere traer un cambio porque hai cousas que poden mellorarse, como a organización. Sostén que se necesita máis planificación para cubrir as baixas por xubilación, facendo o traballo máis atractivo á xente nova, así como mellorar a vixilancia.

As dúas mulleres que concurren independentemente son Mercerdes Fernández e Teresa Bugallo.

Información extraída de Diario de Arousa. Imaxe extraída de Faro de Vigo.

Advertisements

Nas redes sociais

Xaneiro 2010
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: