//
estás a ler...
Artigos de opinión, Cambados

O goberno local reafírmase: non quere as vivendas sociais


grenlaEn Nadal de 2008 debatíase no pleno da corporación municipal o plan sectorial de Vivenda, da Consellaría de Vivenda e Solo do goberno bipartito da Xunta, mediante o cal se aprobaría a creación dunhas 116 vivendas de protección autonómica, isto é, destinadas á xente con máis dificuldades para facerse cunha vivenda propia.

Cal foi a resposta do Concello? Foi non.

Pero non só foi non,ademais tentou poñer en contra aos veciños da zona onde estaba planeado construír estes pisos, na Grenla, dicíndolles que este plan lles perxudicaba porque nun futuro o Concello recalificaría os seus terreos, agora de solo rústico e polo tanto non edificábeis, e estes estarían revalorizados. É dicir, o propio goberno local entraba ao xogo da especulación, xa que en lugar de apostar por esa construción de vivenda social no núcleo urbano (e non nun gueto apartado do resto da poboación) xogou ao enfrontamento político cun goberno doutra cor manipulando aos veciños da zona.

Hoxe La Voz de Arousa publica que o novo goberno da Xunta planea botar abaixo o Plan Sectorial (como están a facer con tantas cousas), aínda que non decidiu o que vai facer co caso de Cambados. Luís Aragunde apresurouse en saír dicindo que o goberno de Cambados non quere este plan e “entende que hai localizacións mellores para construír este tipo de casas”.

É hora de que diga onde, cando e como o Concello vai iniciar os trámites para contruír vivenda social. Pois é responsabilidade súa que o plan non vaia adiante.

Imaxe extraída de La Voz de Arousa.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xaneiro 2010
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: