//
estás a ler...
Galiza

Folga no ensino este xoves 21 de Xaneiro


folgaensino21Xan

O decretazo dos idiomas no ensino que pretende aprobar o Partido Popular desde a Xunta está a atoparse coa oposición de todas as asociacións de estudantes, sindicatos de profesorados, asociacións pedagóxicas, plataformas en defensa do galego, e incluso prevese que mañá o faga a Real Academia Galega e tamén moi pronto as tres universidades galegas publiquen un manifesto conxunto rexeitando a norma.

A plataforma Queremos Galego! convocou unha folga no ensino non universitario para este xoves 21 de Xaneiro, data na cal tamén terá lugar unha manifestación nacional que sairá ás once e media da alameda de Santiago de Compostela. Haberá autobuses desde todos os puntos do país, no noso caso, n’O Salnés, é preciso poñerse en contacto con CIG-ensino ben no teléfono 986505323 ou ben no mal salnes@cig-ensino.com.

As razóns para parar as aulas, e para mobilizarse, son máis que obvias e podes consultalas na propia páxina na entidade convocante. E ademais podes reler o artigo publicado aquí hai un par de semanas sobre o borrador do decretazo.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xaneiro 2010
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: