//
estás a ler...
Cambados

Desastre organizativo do Concello no colexio d'A Pastora


colexioapastoraO temporal que hai un par de días causou múltiples destrozos na comarca, e que fixo voar a cuberta do colexio infantil d’A Pastora, está a traer cola pola mala xestión municipal no referido ás reparacións neste centro. Trala perda do tellado, as clases foron suspendidas totalmente até que este fora reposto. O Concello prometeu que os operarios estarían traballando toda a fin de semana para arranxar canto antes o problema.

A sorpresa das profesoras foi grande onte cando entraron na escola e viron que a auga anegaba o interior das aulas, a pesar de que a empresa encargada do asunto prometera cubrir o espazo danado cunha lona para impedir a entrada da choiva. O equipo directivo chamou á Policía Local para que emita un informe do ocorrido. O alcalde, Luís Aragunde, desprazouse até o colexio e comprobou o desastre que eles mesmos contribuiron a amplificar, e recoñeceu que “a pesar de la celeridad con la que se procedió al inicio de los trabajos, la protección de plástico improvisada por la empresa constructora para tapar el techo del edificio fue insuficiente para evitar la entrada de agua”.

Profesoras e membros da ANPA axudaron a mover todo o material escolar afectado a zonas secas do centro para evitar máis danos.

O portavoz do PSdeG-PSOE, Domingo Tabuyo, calificou como dantesco o estado do centro escolar e solicitou á Consellaría de Eduación que repoña canto antes o material que se perdeu e culpa ao Concello de que non protexera axeitadamente material escolar e mobiliario.

Non se sabe aínda cando se van reanudar as clases.

Información e imaxes extraídas de Diario de Arousa.

Advertisements

Conversa

3 thoughts on “Desastre organizativo do Concello no colexio d'A Pastora

  1. o material escolar para q lo sepas porque si no lo sabes yo mismo te lo explico,moverono os operarios do concello e voluntarios chamados polo concello,e os profesores e o unico membro da anpa ali presente aljo axudaron si,pouco pero aljo axudaron,asi que antes de saltar ca noticia contrasta primeiro.

    Posted by eu | 17/01/2010, 8:49 pm
  2. Creo que a túa versión e a miña son a mesma, ti mesmo o recoñeces.
    Eu en ningún momento dixen que o Concello non axudara, pero o que me pareceu conveniente resaltar é que as profesoras e eses membros de anpa axudaron; porque ademais foron eles os que ao parecer deron a voz de alarma ao Concello…que como tantas outras veces dixo que faría e non fixo, neste caso asegurarse que non entraría auga.
    E por certo, a información eu contrástoa nos diferentes xornais da comarca.Saúdos

    Posted by Óscar | 17/01/2010, 11:10 pm
  3. cantas medias verdades conta a prensa meu deus,si ti superas cantas,e non so por este tema.

    Posted by eu | 20/01/2010, 11:45 pm

Nas redes sociais

Xaneiro 2010
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: