//
estás a ler...
Cambados, Galiza, global

ProLingua move o mundo para desmontar as mentiras sobre o galego


Onte celebráronse máis de sesenta presentacións arredor de todo o mundo, incluíndo todas as cidades e principais vilas do noso país, do libro impulsado pola plataforma ProLingua no cal se desmontan as mentiras que os inimigos do idioma lanzan para danar o galego.

CAMBADOS E COPENHAGUE

En Cambados a presentación levouse a cabo na libraría Ramón Cabanillas, onde compareceron o académico, vicesecretario da RAG, Francisco Fernández Rei, e mais Pilar Ponte e Xosé Emilio Ínsua, todos membros da plataforma. Como se pode observar nas imaxes a presentación recibiu unha boa afluencia de público.

Para os que non estamos na nosa vila, a presentación de 55 mentiras sobre a lingua galega foi unha oportunidade de participar deste momento histórico de reacción que vivimos en relación cos ataques á nosa lingua, xa que o acto tivo lugar nas principais cidades do mundo.

En Copenhague a presentación foi no café-libraría Rayuela, e contra todo pronóstico a afluencia de xente foi máis que aceptábel. Máis de vinte persoas enchían a pequena habitación onde Alejandro Tobar e Iago Cordal argumentaban en inglés contra as falacias que extenden desde o propio goberno, desde algúns medios e grupos de presión. E é que no acto había non só galegos, tamén cataláns e outros cidadáns españois e tamén daneses, interesados polo que está pasando no noso país. Foi unha presentación dinámica, con continuas preguntas do público, non só en relación ás 55 mentiras, senón tamén sobre a propia lingua galega.

Na páxina web de ProLingua pódese ver unha pequena presentación cun resumo destas 55 mentiras, non volo perdades. E non vos perdades a lectura, de seguro interesante, deste libro, que ante todo é unha cousa: útil.

Fotos de Cambados. A libraría Cabanillas ateigada de xente

Presentación en Copenhague, na libraría-café Rayuela

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Febreiro 2010
L M M X V S D
« Xan   Mar »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: