//
estás a ler...
Cambados

Os centros de educación en mal estado: cae o teito da biblioteca no instituto Cabanillas


O equipo directivo do instituto Ramón Cabanillas volve a pedir hoxe na prensa comarcal unha reforma integral para o edificio no que imparten clases, e non é sen motivo. Onte descubrían como parte do teito da biblioteca se desplomara, afortunadamente sen que houbera ninguén alí naquel momento.

O equipo directivo lembra máis unha vez que en corenta anos o instituto nunca recibiu unha reforma en condicións, tan só parches acometidos polo Concello e Consellaría de Educación. Consellería que se afanaba xa onte en arranxar os últimos desperfectos froito do pouco mantemento, común a todos os centros escolares do Concello (só fai falla recordar A Pastora hai un par de semanas).

Imaxe e información extraídas de La Voz de Arousa.

NOVIDADES NO CASO DA “PRAZA PROHIBIDA” DO POMBAL

Hoxe pola tarde darase conta neste medio das novidades que hai en relación co que contaba esta semana aquí sobre unha praza de aparcamento na zona d’O Pombal e que anteonte recollía Maruxa Alfonso na Voz.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Febreiro 2010
L M M X V S D
« Xan   Mar »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: