//
estás a ler...
Cambados

Os pivotes na Rúa Pombal desaparecen, e a prensa parece ser a clave


Hai catro días publicábase en Cambados(tk) unha pequena historia sobre unha praza de minusválidos na Rúa Pombal pintada por unha persoa á que non lle gustaba que lle aparacan na porta, e que máis tarde conseguiu que o Concello de Cambados inhabilitara permanentemente dita praza coa colocación duns pivotes. Estes pivotes foro declarados ilegais por Costas, institución responsábel do terreo.

Pois ben, onte, tan só dous días despois de que La Voz de Arousa se fixera eco da información verquida aquí, os pivotes da discordia desapareceron. Parece ser que o goberno local entrou en razón e cumpriu a legalidade, retirando os aparellos metálicos. Iso si, a praza de minusválidos falsa segue a poder verse aínda pintada, é o que falta para facer xustiza: non pode ser que un veciño, sexa quen sexa, marque onde se pode e onde non se pode aparcar na via pública.

Con isto demóstrase tamén unha cousa: as institucións (neste caso o Concello) téñenlle moito respecto aos medios. Aínda que o Concello tiña constancia desta chapuza (foi el o que chantou alí os pivotes, a pesar de que non podía) e recibira queixas de veciños, non foi até que a prensa, La Voz, publicou a nova cando se puxo mans á obra. É triste, pero é así.

Afortunadamente, a boa ética xornalística permitiu que a historia teña final feliz. Podes ver dúas fotos de hai escasos minutos: na praza xa se pode aparcar (de feito esta mesma tarde até dous vehículos estacionaron) a pesar de que o debuxo da praza de minusválido segue inexplicábelmente no asfalto.

Opina sobre este e os temas que queiras no novo foro de Cambados(tk)

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Febreiro 2010
L M M X V S D
« Xan   Mar »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: