O presidente da Asociación Unha Grande Chea, Xaquín Charlín (Chon) vén de publicar unha carta aberta dirixida ao alcalde da nosa vila, Luís Aragunde. Nela acusa ao rexedor de mentirlle aos responsábeis da asociación e de negarlles un espazo público para realizar unha exposición. A continuación ofrécese a carta íntegra.
Como coido que todos sabedes este ano ten lugar o 25 aniversario da A.C.D. Unha Grande Chea, e como tal fixemos no Entroido unha exposición e un concerto, cun éxito rotundo nas dúas cousas, grazas infinitas o Café Continental por cedernos o seu local para ámbolos dous eventos.
Pero esta carta aberta non é para contar nada diso senón para dicir que temos un alcalde que falta a verdade (por dicilo dun feito moi suave), e explícome: A principios de xaneiro deste ano fomos falar co “noso” alcalde Luis Aragunde quen recibiu a delegación de U.G.CH no seu despacho con seu aspecto “orondo” e “bonachón”, para solicitarllo o Pazo de Torrado para a celebración dunha ambiciosa exposición, expuxemos o noso proxecto, é dicir que iamos facer una exposición de fotográfica, das letras, de vestiario e de outros artefactos que por razón de espazo no Continental non podemos facer.
Luis ,como fai sempre, recibiunos moi amablemente (nunca di que non a nada “táctica Tourisiana”), pero cando lle pedimos o Pazo de Torrado para celebrar a exposición nos mesmos días en que estivo no Café Continental, é dicir dende o 5 o 21 de febreiro, borrou o seu sorriso da súa face e sen consultar ningunha clase de axenda nin a ningún funcionario contestounos textualmente “SINTO MOITO PERO NON PODE SER PORQUE NESAS DATAS ESTÁ OCUPADO”, sabíamos dende ese momento que o “noso” Alcalde estaba mentindo descaradamente, pero non podíamos dicilo nin probalo, mentres obviamente non transcorreran tales datas.
O tempo soe ser a testemuña inaprazable que da e quita razóns, e efectivamente transcorridas esas datas a Sala de Exposicións do Pazo de Torrado leva pechada dende o 9 de xaneiro ata hoxe. Estiven presente precisamente na derradeira inauguración que houbo no Pazo de Torrado que non foi outra que “Nove olladas do Salnés”, na cal o propio Luis dicía “esta pazo é de todos os cambadeses e temos que enchelo de contido, así que invito a todos a promover exposicións e actos neste espazo”.
Pois ben Luis uns cambadeses, que o mellor a ti non che “enconan”, quixeron facer una exposición e ti negácheste tendo ademais o Pazo pechado, e non é precisamente o peor que no lo negarás, está asociación xa está acostumada que dende o concello se lle negue case todo, senón que FALTARAS A VERDADE OS TEUS CIDADÁNS que o fin o cabo colaboran cos seus impostos para que ti poidas cobrar a fin de mes, porque lembrámosche que non es o Alcalde só dos que te votan, ti Luis es o Alcalde de todos os cambadeses e dentro das túas posibilidades estás o servizo dos mesmos.
¿Por qué nos negaches que a exposición se celebrara no Pazo de Torrado?, a este pregunta Luis só podes contestar ti , o problema e que non tes argumentos para facelo sopena de que queiras volver a mentir. É deleznable mentir, pero cando o fai un político que está o servizo dos seus cidadáns esa mentira e moito mais desprezable sobre todo si se fai como fixeches ti Luis con premeditación e aleivosía. Todos coñeciamos o teu antecesor, unha persoa teimuda, intransexible coa xente que non era da súa cor política e polo contra moi “permisivo” cos “seus” . Luis canto tomaches posesión como Alcalde, dinche os parabéns e non vou expoñer aquí a túa contestación porque queda na esfera do privado, pero a verdade é que me defraudaches non esperaba de ti esta actitude.
Tes unha oportunidade de ouro de congraciarte con nos e de recoñecer a nosa labor para o pobo de Cambados durante estes vintecinco anos, e unha boa ocasión pode ser a Festa do Albariño 2010. Luis non sei si vas tomar este ben ou mal, si o tomas ben é que sabes recoñecer os teus erros, si o tomas mal é que non sabes recibir as críticas, o que si che podo dicir é que che vai no soldo.
XAQUIN CHARLIN GONZALEZ “CHON”
PRESIDENTE DE UNHA GRANDE CHEA
Conversa
Os comentarios están pechados.