//
estás a ler...
Cambados

Resposta de Luís Aragunde a Chon


O alcalde de Cambados, Luís Aragunde, respostou á misiva do presidente de Unha Grande Chea, Xaquín Charlín. A continuación reprodúcese de xeito íntegro a carta do rexedor:

Cando se din verdades a medias ou se dan informacións sesgadas, ainda que non se faga intencionadamente, córrese o risco de  terxiversar a realidade. Algo así semella terlle ocurrido ó señor Chon, de Unha Grande Chea, cando remite unha carta pública á Prensa na que omite datos fundamentais da súa recente entrevista comigo.

Tal e como se plantea neste escrito, pódese interpretar que o alcalde non quere colaborar con esta asociación cambadesa. Pero a realidade é que ofrecinlle aos representates de UGCh a sala situada no baixo do pazo de Torrado, onde recentemente se celebraron exposicións como a fotobiografía da editorial Galaxia sobre Ramón Cabanillas ou a da Consellería de Traballo sobre a Muller Traballadora, alomenos tan importantes como a de UGCh.  Na mesma xuntanza, díxenlle que se podería estudar outro lugar e quedaron de contestar pero non o fixeron.

Si é certo que nesa entrevista eu  lle indiquei que a sala de exposicións principal de Torrado estaba ocupada, porque xa acordara con Marta Lucio, técnico de Cultura da Deputación, que íamos instalar alí unha mostra de pintura durante a semana do Entroido que, finalmente, tivo que aprazarse por problemas técnicos. Unha vez solucionadas estas cuestións, vaise realizar a exposición prevista nas vindeiras datas e, polo tanto, quero deixar claro que eu non faltei a verdade e quen debería rectificar, en todo caso, sería o señor Chon.

Como lle  dixen ó presidente de UGCh cando veu a darme os parabéns, o dia da miña investidura, eu son alcalde de todos os cambadeses, tanto dos que me votan como dos que non o fan. Por eso vou seguir traballando por mellorar Cambados e agardando que, incluso Chon, poida chegar a votarme algún dia.

Non me parece ben nin mal o seu escrito, porque eu respeto todas as opinións, sexan coincidentes ou discrepantes, o que non pode gustarme, obviamente, é que este señor me tache de mentiroso cando non é así.

Eu convidei e sigo convidando a todos os cambadeses a solicitar as salas para organizar exposicións, igual que utilizan todos os centros socioculturais para seu uso e disfrute. Porén, creo que non debe ser a vontade do alcalde quen decida sobre estas cuestións e, en consecuencia, axiña vaise crear unha comisión técnica que avalíe cales serán as exposicións que se levarán a cabo no pazo de Torrado e en cada unha das salas municipais.

Saúdos e ata cando vostede queira.

Luis Aragunde Aragunde

Alcalde de Cambados

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Febreiro 2010
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: