Este venres pola noite hai plan completo, primeiro monólogo e despois concerto. Rober Bodegas comparecerá máis unha vez ante o público de Cambados no pub A Pera para facer rir aos asistentes. As entradas pódense mercar por oito euros de xeito anticipado no Café Copacabana e Bar O Paseo ou en taquilla por dez euros. Comezará ás 23.30.
CONCERTO DE THE HENRY WARNIMONT
Por outra banda o grupo da vila The Henry Warnimont vai dar un concerto no pub PH8 a partires da unha da mañá.
THW atópase nun momento de cambios, xa que a banda busca substitución na voz principal. Mentres non atopan nova (ou novo) cantante, Yoli segue a acompañalos no directo. Calquera que teña interese en sumarse ao seu proxecto no micrófono só ten que pasarse o venres polo concerto e comentarllo aos integrantes ou enviarlles un email a thehenrywarnimont (arroba) gmail.com.
Se queres escoitar algo do que estes rapaces fan non tes máis que pasarte polo seu recuncho no MySpace, quizais che soen dalgún concerto/festival da zona incluido o Flu-Pop no cal participaron xunto a grupos de renome como Niño y Pistola, Holywater o Lori Meyers.
Conversa
Os comentarios están pechados.