//
estás a ler...
Cambados

O PSOE ponse firme: "Aragunde non ten nin idea do que se trae entre mans" no Saco de Fefñáns


O PSdeG-PSOE de Cambados emitiu hoxe un dura nota de prensa na que arremete contra o goberno local pola lixeireza coa que trata o tema da instalación de comportas no Saco de Fefiñans.

Os socialistas din contar cun estudo das augas do Río Ucha, que desemboca no Saco, no cal se determina unha concentración de coliformes fecais de 5.300 en cen mililitros, cando o máximo permitido para augas de baño, segundo o Real Decreto 734/1988 é de 100. Unha concentración similar é a que marca a Consellaría do Mar para a produción de marisco. Por iso din desde o PSOE que fechar o Saco é unha irresponsabilidade, que tal como se presentan as augas no río é necesario que haxa un fluxo constate de entrada e saída para contrarrestar a contaminación do Ucha no Saco.

ARAGUNDE CRITICA A PSOE E BNG

O alcalde de Cambados, ao que parece acabárselle o “bo talante” de que facía gala trala súa incorporación como substituto de Tourís, criticou a oposición dos dous grupos ao proxecto náutico e dixo que esta se debe quizais a que “saben que van obter unha gran aceptación entre os cambadeses” e engadiu que “e agora veñen presumindo de ser vos grandes defensores do Medio Ambiente”.

O certo que o PP aínda non presentou, nin por medio de Portos, nin da Consellaría, nin do Concello, o famoso informe que din ter que garante a viabilidade ambiental do proxecto.

Información recollida no Faro de Vigo e La Voz de Arousa.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Abril 2010
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: