A asociación en defensa da lingua galega, Queremos galego!, organizou para o vindeiro sábado día 17 de Abril, un macro concerto contra o Decretazo do mal chamado plurilinguismo. Participarán nel grupos como Berrogûeto, Luar na Lubre, Lamatumbá, Galegoz, A Quenlla, Ruxe-Ruxe, Fuxan os ventos,… e mais a asociación de gaiteiros galegos. Comezará as 19.30 e será en Pontevedra, no Recinto Feiral.
Podes conseguir a túa entrada, en Cambados, na libraría Cabanillas, ou tamén o podes facer a través da internet na web da plataforma, pinchando neste enlace. O prezo é de 10 euros a entrada anticipada e de 12 o propio día.
Sen dúbida unha boa forma de seguir protestando contra o decreto antigalego e á vez unha ocasión de ver xuntos a varios dos grupos míticos e tamén dos actuais da música do país. Pásao!