Rafa Cuíña é empresario e militante do Partido Popular de Galicia. Non fai falla dicir que é fillo do finado Xosé Cuíña, o ex número dous de Manuel Fraga. Tamén milita no galeguismo, a diferenza dos líderes do seu partido en Galiza, e comparto con el, ademais disto, a pertenza á plataforma ProLingua. Cuíña non ostenta ningún cargo orgánico do PP, pero colabora en diferentes medios de información como comentarista político.
Velaquí o seu último artigo titulado Imos contar mentiras…, no cal retrata con acerto o actual momento que atravesa a política galega.
Isi Vaamonde, o músico cambadés afincado en Madid, vén á súa vila a ofrecer aos seus veciños un concerto no Auditorio Municipal da Xuventude, logo de que a finais de Febreiro o temporal da cicloxénese explosiva lle impedira tocar.
Agora si o fará e será este sábado 17 de Abril a partires das 22,30 horas. E a entrada é libre!