Ramón Nogueira continúa paseniñamente a compartir na rede as súas creacións artísticas.
Hai uns días contaba desde o seu recuncho na internet, Flores Versadas, algúns dos motivos polos que seguía tendo ganas “para mover o pulso esquerdo e construir logo dun tempo algo coma un verso.”.
Hoxe vai máis alá e, ademais dos versos e das imaxes que ía pendurando, pasa a compartir con quen queira as súas pinturas. Non o dubides e pásate un ratiño polo blog de Ramón Nogueira.
Anteriores:
Este pequeno espazo na internet pasa a xogar en serio no campo das redes sociais. Desde hai meses xa se podían ler as anotacións de Cambados(tk) no facebook a través da páxina de Cambados, e agora o blog terá un recuncho propio en FB onde calquera poderá ter acceso ás anotacións máis relevantes que se publiquen.
Ademais, tamén se habilita un espazo de Twitter onde quen queira poderá seguir a renovación da web. En ambos casos búscase interactuar co lector, promover o intercambio de impresións e en definitiva favorecer a información e o debate na rede, o obxectivo último de Cambados(tk). E para iso as redes sociais cumpren todos os requisitos.
LIGAZÓNS