A asociación de ensinantes do Salnés, CANDEA, inaugura mañá venres 23 de Abril ás 20.30 no Pazo de Torrado a exposición Uxío Novoneyra, O COUREL.
No ano en que o Día das Letras Galegas se lle adica a este escritor CANDEA pretende facer chegar á sociedade, especialmente a educativa, tanto a figura e a obra de Novoneyra como a do patrimonio que reside no Courel.
A través de 30 fotografías de Adela Leiro e Carlos Puga o espectador viaxará polo Courel da man dos poemas de Uxío Novoneyra, “o que mellor soubo plasmar nos seus versos toda a inmensidade e diversidade dun espazo natural único”.
Na presentación da exposición de mañá á tarde proxectarase o audiovisual de Adela Leiro A Natureza nos poemas de Novoneyra.
O Partido Popular aprobou anteonte os orzamentos municipais para 2010 coa maioría absoluta de que dispón. O goberno local considera que son uns presupostos austeros en tempos de crise, que consiguen rebaixar uns tres puntos o endebedamento de Cambados e que non aumentan os impostos nin reducen servizos. Pola contra din que incorporan proxectos importantes como o polémico do Saco de Fefiñáns.
O certo é que os orzamentos redúcense de 2009 a 2010 por un valor de un millón de euros (tres menos que o de 2008) en parte polo descenso de licenzas urbanísticas. Non se inclúen no documento económico as achegas que poidan vir da Deputación ou do Plan E.
A OPOSICIÓN VOTA EN CONTRA
Tanto PSdeG como Bloque votaron en contra dos Orzamentos. Para os socialistas (que ao contrario que o ano pasado decidiron oporse ao documento) cada vez hai menos inversións, o que deriva en falta de previsións para asfaltados, saneamento e equipamento en xeral. Rafael Blanco, que en ausencia de Tabuyo valorou o presuposto, di que non ven propostas para dinamizar a economía local e ven un gasto municipal esaxeado, en compras e en persoal.
Víctor Caamaño, polo BNG, declarou que os presupostos se fixeron para saír do paso e aportou un serie de solucións para reducir o gasto, como por exemplo qu os funcionarios munipais asuman as tarefas do ORAL aforrándolle así 193.000 euros ao Concello, que reconsidere os gastos da Festa do Albariño, como por exemplo o famoso xantar onde se van de 30.000 euros.
E O MANTEMENTO DOS COLEXIOS? SEGUE NO AIRE
O que sigue sen contemplar o documento económico do goberno municipal é unha mellora substancial nas partidas dedicadas a manter os centros educativos de Cambados. Cando o accidente no inverno do Colexio d’A Pastora sinalábase desde Cambados(tk) que o Concello reducira nos últimos anos a partida de mantenemento do centros, o cal desembocaba nun estado precario dos mesmos. Dicíase que en 2007 a partida era de 40.000 €, en 2008 de 25.000 €, en 2009 o mesmo e este ano La Voz de Arousa sinalaba onte que sería de 26.000.
É unha cifra insuficiente para ter en bo estado os nosos centros eduactivos e cando menos para evitar situacións como a vivida pola comunidade d’A Pastora este ano.
Porque isto supón aínda unha caída do 35% con respecto ás cifras de hai tres anos. Iso si, como xa se dixo, a partida para o Xantar do Albariño é de 30 mil euros, catro mil euros superior ao destinado aos coles. O alcalde Luís Aragunde debería aclarar se o Xantar do Albariño é máis importante que a calidade dos centros e o benestar dos alumnos de Cambados e da comunidade do ensino en xeral.
Recomendado: artigo de Anxo Martínez en Faro de Vigo