//
arquivo

Archive for

O Concello emprega a web oficial de Cambados para promocionar o Partido Popular


O goberno local publicou unha entrada o pasado 15 de Abril na cal Aragunde celebraba que o Congreso aprobase que a etiqueta de Albariño só se empregase cos viños da D.O. Rías Baixas. Até aquí todo ben.

O malo é que ao seguir lendo a nova calquera pode ver como no seu corpo vai inserida unha mensaxe explícita de propaganda do Partido Popular. Dise textualmente que “Luis Aragunde felicita ó deputado popular arousano Jesús Pérez Arca, que defendeu a proposta para que a variedade albariño non poida etiquetarse nos viños de mesa e se reserve única e exclusivamente para a D.O. Rías Baixas” .

E se ben é certo que Pérez Arca presentou a moción, tamén é certo que traballaron no tema e aprobaron (que finalmente é o que importa) tal importante decisión para este sector membros de todos os grupos, incluíndo BNG, PSOE (Domingo Tabuyo forma parte da comisión encargada) e o propio Partido Popular. E a foto, como non, dos cabaleiros do Albariño (orde coñecida pola súa pluralidade política).

Quizais desde unha páxina institucional o destacábel sería a unanimidade conseguida e non a propaganda dun determinado partido político.

A OPOSICIÓN, AUSENTE DA WEB OFICIAL

Do mesmo xeito que hai que felicitar ao Concello porque, aínda que con extrema lentitude e máis  tendo en conta de que dispón de persoal dedicado a elo, vai mellorando a actualización da súa web,  tamén hai que criticar que non só sexa motivo de propaganda do PP, senón que tamén invisibiliza aos grupos da oposición.

Por exemplo, nunha nova tamén do 15 de Abril recóllese a proposta do Goberno Local para os orzamentos pero nin sequera se expón aínda  o resultado da votación en pleno ou a postura dos demais grupos. Sería interesante que a web oficial recollese a evolución dos plenos, con información dos puntos a tratar e do debate político.

É dicir, unha web máis práctica e menos publicitaria.

A imaxe foi recollida de Cambados.es

Nas redes sociais

Abril 2010
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.