//
estás a ler...
Cambados

BNG: Un ano despois, vai a cousa a mellor?


Hai xa un ano e medio mes publicábase neste espazo un artigo titulado A refundación do BNG, tratando en liñas xerais  e desde unha óptica persoal a situación desta fronte tralo fracaso nas eleccións galegas de 2009 nas que máis unha vez o Bloque baixaba en representación e ademais neste caso perdía a oportunidade de continuar no goberno do país.

Hoxe, tras a lectura dunhas declaracións do actual portavoz da organización, Guillerme Vázquez, convidando a Xosé Manuel Beiras a deixar o partido (podes ler aquí o que el dixo para merecer tal reprimenda)  , sentín moitas ganas de escribir a continuación daquel artigo.

Pero repasando o texto de hai un ano, decateime que non era necesario reescribir; o máis triste do asunto é precisamente que aquelas liñas pensadas tralo fracaso electoral e perante a necesidade de renovación profunda de hai un ano, non é necesario escribir nada novo porque hoxe mesmo o que dicía entón segue a ter plena validez  e desgraciadamente sen visas de arranxo inmediato.

Por todo isto, só podo indicar ao lector que non o fixera, e que lle apeteza, que ten á súa disposición no seguinte enlace un texto que desgrazadamente considero plenamente vixente:

A refundación do BNG (5 de Marzo de 2009)

Advertisements

Conversa

One thought on “BNG: Un ano despois, vai a cousa a mellor?

  1. Non lera o artigo de marzo de 2009 no seu momento, pero tes bastante razón en todo o que afirmas.

    Eu engadiría ademáis o grave problema de perda de credibilidade de todos os partidos en xeral e da organización da que falamos en particular, que provoca un grande distanciamento coa sociedade.

    Nesta comarca…, pois tamén. Moito falar de campañas nacionais (da lingua, da sanidade, da crise, …) que están ben pero bótase en falta tamén baixar a terra e falar da comarca, de como actúa o PP a través da Deputación, dos problemas dos mariñeiros, …

    En fin. que eu só queria felicitarte polo artigo.

    Posted by Ramón Mouriño | 30/04/2010, 10:13 am

Nas redes sociais

Abril 2010
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: