//
estás a ler...
Cambados

Os emigrantes non poderán votar nas Municipais


Así o decidiu onte a comisión do Congreso que traballa para Reforma de Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREG). O punto máis controvertido, sobre todo no noso país, era a reforma do voto emigrante, unha reforma que leva retrasándose anos e anos e xa que agora ese voto non conta coas garantías de limpeza mínimas, dandose moitas veces casos de defuntos que exerceron o seu dereito a votar.

O voto emigrante foi empregado tanto polo Partido Popular como polo Partido Socialista como un extra nos momentos que cada un deles gobernaba, e dese xeito o partido benefiado polo sistema opoñíase a calquera tipo de reforma. Parece que a presión social cambiou ese feito.

MUNICIPAIS DE 2011, PREVESE QUE A LEI XA ESTEA EN VIGOR

Os deputados que forman o grupo de traballo que onte acordou retirar o dereito ao voto do emigrantes nas Locais, baseandose en informes do Consello do Estado que sinalan que a condición de veciñanza dun emigrante a un Concello determinado é case ficticia.

Así pois, prevese que nas Eleccións Municipais de 2011 non haxa voto procedente do exterior, se a reforma se tramita en tempo. Nas demais eleccións os emgirantes poderán seguir exercendo o dereito pero votando en urna nos consulados ou a través de correo, adxuntando identificación oficial no sobre.

INFLUENCIA EN CAMBADOS

En Cambados nas pasadas eleccións chegaron 188 papeletas do exterior. Para facernos unha idea do sospeitoso do voto emigrante só hai que ir aos resultados do seu escrutinio: 147 para o Partido Popular (78.19%) , 34 para o Partido Socialista (18.09%) e 7 para o Bloque Nacionalista Galego (3.72%). Cando os resultados en Cambados foron 47.41% PP, 27.56% PSOE e 21.04% BNG.

Aínda que estes votos non foron determinantes na vitoria do PP, o certo é que se non se contaran a derrota da oposición sería aínda máis xusta: ao BNG bastaríanlle 75 votos para arrebatarlle ao Partido Popular un concelleiro e polo tanto a esquerda podería ter formado goberno.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Abril 2010
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: