Inaugúrase hoxe un novo espazo no blog no cal se recollerá toda a información relativa ao proceso electoral do vindeiro Maio de 2011.
Entón se celebrarán eleccións municipais, e Cambados(tk), máis unha vez, estará a pé do cañón para informar, analizar, entrevistar e propoñer. En definitiva facervos partícipes dun asunto de importancia capital.
Xa podes ver arriba á dereita o botón que che contectará coa actualidade electoral no Concello. Dentro duns días habilitarase nese espazo unha serie de seccións enlazando ás anotacións referentes a cada unha.
Algunha das ideas que xorden son a relización de entrevistas aos candidatos, propostas de mellora para o novo goberno que saia das urnas ou enquisas. Lembra que podes participar a través do foro, da conta de correo (cambadostk@gmail.com) ou nos perfís de Twitter ou Facebook.