//
arquivo

Archive for

Cambados.tk, cinco anos na rede


Cinco anos non son nada, para algunhas cousas. Pero para outras, son moito tempo. Neste caso falamos do espazo Cambados.tk, hoxe co tecá entre parénteses. Un montón de tempo que se reflicte nun montón de historias, nun montón de artigos, nun montón de intercambios de opinión, de coñecer xente e falar con moitas  persoas da realidade da nosa vila.

Cambados.tk cumpre cinco anos de vida este 7 de Maio. Cinco anos que parecen nada e moito segundo con que se comparen.  E segundo quen os compare! Cinco anos que non supoñen o seu final, nin moito menos.

Neste tempo moitas cousas cambiaron, en Cambados mudou até o alcalde (desafortunadamente non por decisión dos cidadáns) e tamén as caras visíbeis das organizacións políticas. Mudaron algunhas rúas, mudaron as persoas. Mudaron algúns retos do Concello.

Pero moitas cousas seguen igual, e por iso Cambados(tk) non remata aquí, ten por diante un longo cometido. Porque aquel lema de Mudar Cambados! segue a estar vixente.

E nada pode compararse co agradecemento que me gustaría facerlle chegar a todas as persoas que o leron, o apoiaron, o publicitaron, o criticaron, o gabaron, ou simplemente o ignoraron a propósito nestes cinco anos de vida.

Vós sodes CTK. Moitas grazas.

Nas redes sociais

Maio 2010
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.