//
estás a ler...
Cambados

Lanzan unha idea á rede…un tranvía para o Salnés


O blog de Xeografía Crítica O Umia, do IES Francisco Asorey e que publica Maribel Iglesias, lanzou o pasado 1 de Maio unha sinxela pregunta á rede: Un tranvía no Salnés?.

Somos moitos os que nos queixamos de que Cambados non conte con servizo ferroviario e a algúns tamén se lle ocorreu a idea da creación dunha nova liña, xa sexa de tren, de tren lixeiro ou da mellor variante de híbrido tranvía/tren, que conecte a comarca co servizo de tren de Media Distancia que ten parada en Vilagarcía de Arousa. Como ben sinalan no blog, o novo transporte achegaría todas as zonas poboadas da bisbarra, para mercar, para ir á praia no verán, para ir traballar ou estudar…en definitiva para non depender dos vehículos privados.

E no Umia recordan o o expoñía Ramón Cabanillas en 1907

Estamos a 13 kms del mundo, porque esa distancia nos separa de la estación de ferrocarril más próxima.

Máis info. no Umia, blog de xeografía crítica

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Maio 2010
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: