Hoxe informa a prensa comarcal de que o hotel Bonecas, que hai unhas semanas era polémica no barrio de San Tomé cando os veciños sospeitaban que sería un burdel, non abrirá ao final as súas portas. Isto débese a que a propietaria do estabelecemento rescindiu o contrato de aluguer á persoa que ía dirixir o novo negocio.
Esta maniobra sáelle cara aos propietarios do ex-hotel Briones, pero eles afirman estar tranquilos por deixar de estar “na boca dos veciños”. O Concello tamén manifestou a súa ledicia porque o caso se resolvera.
Máis información en La Voz de Arousa e Diario de Arousa. Imaxe extraída da primeira fonte.
Conversa
Os comentarios están pechados.