//
estás a ler...
Cambados

Novas Xeracións do Partido Popular en Cambados


Nunha conversa de política é moi común preguntarse como pode o Partido Popular gañar eleccións se a mocidade supostamente vota maioritariamente á esquerda. Pero a realidade é ben distina en moitos lugares, e Cambados por desgraza pode ser un deles.

O Partido Popular quixo esta fin de semana amosar a súa forza na mocidade presentando á dirección local de Novas Xeracións en Cambados. Diego Rumbo Sayar é o presidente e María Piñeiro Pardal é a vicepresidenta.  Eles afirmaron que non aparecen “para quitarlle o posto a ninguén” (por Aragunde) e que van servir para sintonizar mellor coa sociedade e coa xuventude en particular. Novas Xeracións de Cambados contan tamén con grupo en Facebook con máis de 140 seguidores.

Como se pode analizar esta demostración de forza?
Podería ser un reflexo da realidade, dun Partido Popular que, sexamos realistas, conta aínda con moitos simpatizantes e tamén entre a xente nova a pesar de que esta adoita ser menos conformista; ou ben podería ser un síntoma de nerviosismo de cara ás Eleccións Locais de 2011: un intento por facerse notar entre a mocidade, captar apoios e quizais descolocar de paso aos adversarios políticos.

Hai quen suxire que nese sentido camiña a recén creada Asociación Xuvenil Retranca, que parece contar co beneplácito do goberno local (en Cambados por desgraza non estamos acostumados ao apoio por parte do Concello para actividades culturais).
Polo de agora só se presentaron en sociedade, homenxearon as letras e organizaron unha recollida de lixo, pero quizais a súa actividade medre pronto. En calquera caso non se pode dar crédito só a rumores e haberá que agardar para confirmar ou desmentir, até entón a nova organización só merece parabéns polas súas iniciativas.

Imaxe e información extraídas de La Voz de Arousa.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xuño 2010
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: