//
estás a ler...
Cambados

Rif-Rock;o templo da música cumpre 11 anos hoxe


Cada 2 de Xullo o mítico pub cambadés faise un aniño máis vello, desde ese 1999 no que abriu as portas. Hoxe, cada fin de semana (que no verán afortunadamente duran desde o xoves até o domingo) ofrece interesantes noites no só de copichuelas e superbocks cos amigos, senón de música que seguramente moitos califican de “alternativa”, pero que no Rif  é o pan de cada día. E aínda a pesar do seu reducido tamaño, non hai mes no que non se celebren sesións ou concertos en directo.

Para celebrar o 11 aniversario xa hai un programa completo de eventos: mañá sábado 3 de Xullo  o día grande coa actuación dos xeniais Los Hijos Bastardos de Peter Lorre (animación asegurada) con Billy & The Crockets como teloneiros. Logo cantidade de sesións a cargo dos habituais Munstaphà e Kurco SoundSystem e La Lorre Inc, Comomepos, Bito, Jomitallas e Mia Wallas. Para poñer o broche ao mes, outro concerto o día 24 a cargo de Partículas Inestables.

Por moitos anos, Rif-Rock!!

Podes estar informado do programa de sesións e concertos de Rif no seu blog oficial, rifrockerz.blogspot.com

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xullo 2010
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: