//
estás a ler...
Cambados

O BNG quere rematar cun Xantar do Albariño no cal convidamos a comer á xente do Partido Popular


Víctor Caamaño, portavoz do Bloque Nacionalista Galego de Cambados, deu onte unha rolda de prensa do local do partido para presentar unha proposta de cara á próxima edición da Festa do Albariño. Trátase da eliminación do Xantar oficial que congrega arredor de 800 persoas. Os nacionalistas, que xa se opuxeran en anteriores edicións ao evento por ter este como convidados case exclusivamente a persoas do Partido Popular, consideran que a crise económica e a suposta vontade de austeridade deberían facer que se aforrasen cartos naquelas partidas que o permitan, e festexos é unha delas.

O BNG pon datos enriba da mesa: o ano pasado o xantar custou 28.700 euros ás arcas municipais que pagamos entre tod@s, convidando a un menú de 50 euros a políticos do PP, en 2008 e en 2007 os convidados que non pagaron entrada foron uns 600 sobre un total de 800 comensais.

É isto normal? Agora tócalle a Luís Aragunde actuar: ¿vai poñerlle fin dunha vez por todas a un apartado do Albariño que non só é partidista a máis non poder, senón que é un insulto aos cidadáns que atravesan un mal momento económico; ou pola contra vai seguir adiante coas políticas de derroche e amiguismo dos populares no Concello? Veremos nos días seguintes…

Imaxe extraída do Diario de Arousa

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xullo 2010
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: