//
arquivo

Archive for

Que facer cos cartos que se aforren do Xantar? Unha proposta: convenio estábel para Esperanza


Cada certo tempo lemos nos xornais que a asociación Esperanza Salnés, que cumpre cun importantísimo labor de atención a nenos discapacitados, necesita fondos para poder superar a crise económica permantente na que vive. Permanente porque subsiste grazas ás aportacións dos pais e nais e colaboradores (inclúanse aquí fermosas iniciativas como a do calendario benéfico de hai un tempo)  e de subvencións de institucións públicas. Depende absolutamente destas, e cando non chegan salta a alarma e a carencia económica tradúcese en ameaza de peche. Vímolo xa unhas cantas veces, e sempre acaban saíndo tanto Louzán coma Tourís/Aragunde ás palestras públicas como rescatadores da asociación.

Desde Esperanza xa o reclamaron algunha vez: o que precisa a asociación é un convenio económico estábel que lle permita vivir sen estar dependendo de se Louzán decide dar a subvención ou non. Pero xa se sabe que iso só xeraría unha nova cada moitos anos e ir poñendo en situación crítica e ao mesmo tempo saír  ao rescate de Esperanza Salnés cada ano mantén na prensa a idea de que o Partido Popular é un firme defensor dos servizos sociais.

Pero que pasa en Cambados? En 2008 desde o Concello adicóuselle a Esperanza unha partida de 8.000 euros. Pero vimos recentemente que se o goberno local deixara de convidar a comer gratis a cargos do Partido Popular no Albariño poderíanse aforrar case 30.000 euros. É o Partido Popular garante duns servizos sociais de calidade? E por que entón en lugar de gastar os cartos nese xantar non asina xa o Concello un acordo estábel con Esperanza por un valor, por exemplo e polo menos, de 20.000 euros anuais? Desde logo que o cidadán entenderíao moito mellor que que se gasten en pagarlle a comida a alguén por motivo ideolóxico!

O QUE OPINAN OS LECTORES DE CTK

A través da páxina de Cambados(tk) na rede social Facebook preguntóuselle aos lectores que opinan da proposta do Bloque de eliminar o Xantar e aforrar os cartos. Todos os que responderon o fixeron afirmativamente, algúns con matices, como Manuel, que opina que non debe eliminarse pero cadaquén debería pagar o seu menú, o mesmo que opina Milo. Sandra propón organizar unha cea alternativa e popular, pero popular do pobo e sen ideoloxías de por medio, xa que o Xantar Oficial “cheira a PP que bota para atrás”.

E ti, que farías cos 27.000 euros?

Os lectores propuxeron algunhas alternativas interesantes. Na vertente máis lúdica suxírese a creación dun xantar pero para todo o mundo, xa que eses miles de euros darían para mercarlle aos cidadáns bastantes tortillas e empanadas, mexillóns e chourizos. Carolina avoga por facer unha actividade lúdica pero para todo Cambados, non so “para os amigos do PP” ou aforrar os cartos para cando fagan máis falla.

Nunha vertente máis social Isma suxire comezar o centro de día con esa partida, Esther lanza varias ideas aínda que recoñece que vai máis alá de 27.000 euros; como mellorar o transporte público, crear unha oferta cultural decente, mellora do tratamento de residuos, menciona gardería e tamén fala do centro de maiores.

Como se pode ver, hai moitas iniciativas máis importantes onde invertir esa cantidade de cartos, queda por comprobar se o goberno local toma nota delas ou continúa unha Festa do Albariño oficial cada vez máis alonxada do cidadán e achegada ao Partido Popular.

Imaxe: Os tres promotores do calendario benéfico para Esperanza Salnés

Nas redes sociais

Xullo 2010
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.