Hoxe, e a través do servizo da web oficial Cambados.es Fala co Alcalde, foi enviado un correo a Luís Aragunde coa proposta de invertir os cartos que se aforren do Xantar do Albariño en asinar un convenio estábel con Esperanza Salnés. A pesar disto, tanto onte coma hoxe, o Diario de Arousa recolle declaracións do alcade de Cambados que confirman que o goberno local quere seguir adiante co Xantar e previsíbelmente voltará a convidar a cargos (e non cargos) do Partido Popular a comer gratis o domingo do Albariño.
ENTREVISTA PARA CAMBADOS.TK
Aproveitando a misiva, solicitóuselle tamén a Luís Aragunde unha entrevista neste medio que se realizaría cando e onde el mesmo quixera. Esta solicitude responde tamén a unha pregunta que foi lanzada o pasado mes no grupo de Facebook de CTK onde se preguntaba aos lectores que que persoa lle gustaría ver entrevistada no medio. A resposta foi unánime para o alcalde de Cambados, veremos se finalmente é posíbel a conversa. A pelota está no seu tellado.
Arquivos: Copia do email enviado a Luís Aragunde
A imaxe foi extraída da páxina web oficial de Cambados
Conversa
Os comentarios están pechados.