//
arquivo

Archive for

O alcalde responde o email de Cambados.tk


Coincidindo co lanzamento do vídeo crítico co Xantar do Albariño na Rede, que podes ver na anotación anterior, o alcalde Luís Aragunde remitía a través do Gabinete de Prensa do Concello a resposta ao email que se enviaba unha semana atrás e que lle solicitaba que os cartos que se aforrasen dun hipotético reaxuste do Xantar do Albariño se destinasen a asinar un convenio estábel con Esperanza Salnés.

No seu cordial email (que podes ler íntegro premendo aquí) Aragunde non é capaz de argumentar a favor de que se lle pague a comida a máis de 600 persoas, a maioría ligadas ao Partido Popular, senón que se limita a soster que “este evento coñecido en todo o país e fóra das nosas fronteiras naceu, precisamente, nun xantar onde diferentes adegueiros e personalidades daquel momento se xuntaron para ensalzar e competir polos mellores caldos da bisbarra”.

Algo que evidentemente é certo, como tamén poñemos de manifesto no vídeo crítico que lanzamos, pero que dista moito da realidade en que se converteu o Xantar do Albariño hoxe en día.

Naquel email que lle enviabamos hai unha semana tamén se solicitaba unha entrevista para este medio, tal e como suxeriron os lectores a través do grupo de Facebook. Nada comentou o alcalde ao respecto, a entrevista terá que agardar.

Desde aquí agradecerlle a Luís Aragunde o seu tempo, xa que a pesar de non ter recibido a resposta que se desexaba, tamén é certo que agora sabemos que polo menos os veciños poden contactar con el a través da páxina web oficial de Cambados.

Nas redes sociais

Xullo 2010
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.