//
estás a ler...
Artigos de opinión, Cambados

Albariño 2010: O de sempre pero con máis xente


É así, o Albariño 2010 basicamente foi o de sempre pero con máis xente que de costume.

O de sempre, comezando polo bo, significa que para os cambadeses é a mellor festa do mundo (opinión que tende ao 100% no caso da mocidade).  Pero o de sempre tamén porque poucos cambios se introduciron.

No esencial repítense erros habituais, como montar unha gala en Fefiñáns en pleno Albariño en lugar de auténticos concertos, poñendo cadeiras que ocupan medio recinto e que obstaculizan ás peñas; como seguir convertindo a Festa en PPopular tanto na inauguración como o Domingo co Xantar e os seus convidados (si, os do Partido Popular que veñen comer á túa conta) como no propio desfile e nomeamento de cabaleiros e damas do Albariño (dito de outro xeito, medio goberno da Xunta e toda a tropa conservadora da comarca). E como a aínda escasa oferta musical que se desprega, que segue a desterrar a música galega dos días grandes como se neste país non se fixera música, variada, e que enche prazas en toda Galiza. Ou como tamén un ano máis a tardanza na edición dos programas.

Evidentemente tamén houbo aspectos positivos que non se deben pasar por alto. Ao parecer, un mellor dispositivo policial que, dado o seu reducido número de efectivos en relación coa xente implicada nas festas, tratou de optimizar o control do tráfico e a presenza de axentes nas rúas do centro. Tamén se puido percibir (algo) un pequeno aforro nos fogos de artificio: queda demostrado que se poden manter decentes reducindo o custo. Na música este ano apostouse o mércores do Albariño por un grupo diferente, que pode gustar ou non, pero foi orixinal e encheu sendo o primeiro día. E a Gala do Albariño ten aspectos positivos: aquí os premios non os coparon cargos do partidos senón persoas con méritos reais como as que dirixen BATA e Por Dereito, o cineasta Juan Galiñanes ou a deportista Araceli Bugallo.

E ollo! que seica Aragunde pregoa que no Xantar comeron de gratis un centenar de persoas menos!

Debería caerlle a cara de vergoña porque admite que non é necesario (e xa o sabíamos…quen se cre que que veñan comer a Torrado os cargos comarcais do PP cos nosos cartos mellora a proxección da Festa?) e debería de facer pública xa a lista dos que convidou e o motivo. Pediullo o grupo do Bloque Nacionalista Galego e estamos ansiosos por ler e analizar ese documento, que se non ve a luz é porque os deixaría en evidencia.

O dito, moita xente, moita diversión… e a pesar da apariencia e as boas formas do alcalde a festa segue a ser moi mellorábel sobre todo desde o punto de vista da hixiene democrática: as propostas de asociacións/colectivos/cidadáns seguen a ser desoídas. E todo segue igual.

E como proba de que poucos cambios houbo…podes ler os artigos que publicabamos o ano pasado nestas datas:

Festas Populares, de Vítor Domínguez

Albariño: non é difícil (tentar) facelo moito mellor, de Óscar Pardo-Planas

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Agosto 2010
L M M X V S D
« Xul   Set »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: