//
arquivo

Archive for

Rematou onte o Open de Tenis Albariño 2010


Onte rematou nas Pistas de Tenis d’O Pombal en Cambados o XIII Open do Albariño. Este torneo conta xa cunha boa tradición no referente ás competicións oficiais galegas e polo tanto segue a ter unha boa participación de xente, non só de Cambados, que durante os días 14 e 15 competiron por facerse co título de campión ou campiona.

Desde que o Club de Tenis existe, é esta entidade quen organiza a competición deportiva contando coa colaboración do Concello de Cambados.

En categoría masculina Pablo Mosquera foi proclamado campión e Javier Fidalgo Finalista. En categoría feminina foi Natalia Galán a vencedora e Susi Redondo a finalista.

Ademais celebrouse tamén o Torneo Club de Tenis Cambados, que permitía aos mellores acceder ao Open do Albariño. Entregáronse premios nas categorías Junior, Veterano e Senior. Nesta categoría foi campión David Rodríguez e finalista Javier Fidalgo. En Junior foi Raúl Moreira o finalista e Andrés Fernández o campión. Por último en veteranos fíxose coa primeira praza Luís Fernández, mentres que Jorge Labandeira foi finalista.

Ao remate dos partidos celebrouse unha entrega de premios na cal participaron membros da actual directiva do Club. Preme en Seguir Lendo para ver máis fotos da entrega.

Seguir lendo

Nas redes sociais

Agosto 2010
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.