//
arquivo

Archive for

O debate de Cambados de Tele Salnés


O pasado 1 de Xullo tivo lugar no Canal Rías Baixas (Tele Salnés) un debate entre Luís Aragunde (alcalde, PP), Domingo Tabuyo (PSOE) e Víctor Caamaño (BNG). A canle comarcal ten o vídeo subido na súa web, podes acceder a el e velo online. A duración é de unha hora.

O debate xira entorno varios temas, especialmente arredor da actual crise económica (que remata por alonxar o debate de Cambados ata o

Goberno Central) e facendo fincapé en temas recentes como as comportas no Saco de Fefiñáns e as repercusións que pode provocar para o marisqueo.

Relacionados

Debate político sobre Cambados en Tele Salnés do 1 de Xullo de 2010

[Outras cidades] Cando comecemos a copiarlle a Vilagarcía, empecemos por copiarlle o bo


Onte na cidade veciña de Vilagarcía tivo lugar unha iniciativa moi interesante chamada Proxecta, que ao parecer celebrou xa a súa terceira edición. Despois volveremos sobre isto.

Nesta sección de Outras Cidades propóñense aspectos positivos doutras localidades, galegas ou do resto do mundo, que conviría ter en conta desde o noso Concello.

Pois ben, ademais da excelente renovación que están a levar a cabo nas rúas da cidade veciña (mentres en Vilagarcía xa falan de peonalización de rúas tan céntricas como Rei Daviña, en Cambados síguennos aburrindo co concepto ambiguo de semipeonalización) e da oferta cultural que se ofrece desde o Concello, que non só xera actividades senón que apoia a quen ten a iniciativa de levalas adiante (como aos organizadores do Proxecta, sen ir máis lonxe), ou da diversidade de estilos que ofrecen nos concertos das Festas (desde Berrogüeto ou Luar na Lubre até Sergio Dalma ou David Civera!)…onte chamoume algo máis a atención.

Non é algo que debera sorprender, pero no caso de alguén acostumado a Cambados, desgrazadamente si o fai. Durante a presentación do Festival Proxecta 10 tomou a palabra o concelleiro de Cultura e tenente de alcalde, Xosé Castro Ratón (BNG). O curioso é que a carón del non só estaba a alcaldesa, Dolores García (PSOE) (algo que pode ser entendíbel dado que compartillan goberno), senón que ademais estaba o presidente da Autoridade Portuaria, Javier Puertas, quen é militante do PP e competiu co actual portavoz na cidade polo seu cargo orgánico. Falou Ratón, pediu logo a palabra Puertas e rematou a alcaldesa por falar.

Para empezar, alí estaban os tres partidos representados, algo insólito en calquera acto en Cambados porque o Concello acostuma esquecer os convites á oposición, e cando no noso Concello o alcalde se vía forzado a compartir acto con cargos doutros partidos aproveitaba o seu turno de palabra para cargar contra o outro.

Comentouse moito na rede estes días unha entrevista de La Voz de Galicia na que un cidadán de Vilagarcía de Arousa afirmaba que “en Cambados cópiannos todo”. E ten graza porque o dicía o responsábel de Albarousa, unha feira de Albariño ca metade de anos de historia que a que temos en Cambados. Pois ben, sen entrar en liortas e negando a maior eu digo: o día que comecemos a copiar de Vilagarcía, empecemos polo bo.  Que por moi cambadeses que sexamos, tamén hai que saber recoñecerllo.

Imaxe : Unha rapaza olla unha das fotografías de Emilio Morenatti que forman parte da exposición Desplazados que pode verse na Rúa Rei Daviña de Vilagarcía con motivo do festival Proxecta 10.

Máis anotacións na serie Outras cidades:

Copenhague, as vantaxes dunha vila nunha cidade moderna

O exemplo de Allariz

Nas redes sociais

Agosto 2010
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.