//
estás a ler...
Artigos de opinión, Cambados

Maltrato animal impune nos montes


Unha lectora envía unhas fotografías tomadas no día de onte no Monte Xiabre (preto do merendeiro de Fontefría). Nelas pódese ver a un cabalo, até aquí algo bastante normal para tratarse dunha escena tomada dun monte. O que non debería ser normal é o aparello que ten enganchado o cabalo nunha das súas patas dianteiras: trátase dunha tranca.

As trancas son empregadas polos donos destes animais para reducir a súa mobilidade e impedir que causen danos en fincas privadas das que terían que responsabilizarse. Este método provoca sufrimento para os cabalos, xa que a tranca chega a causarlle feridas na pata, e en casos extremos mutilacións e até a morte. Ademais, en caso de incendio forestal non fai falla dicir que o animal non é capaz de alonxarse da zona a tempo.

Aínda máis desesperanzador é recurrir ás hemerotecas e ollar como a prensa comarcal recolleu nas súas páxinas  estes maltratos durante todo o verán, e aínda así continúan a ter lugar. Hai que lembrar que existe un corpo da Garda Civil ligado á Protección da natureza (o Seprona), aínda que parece que non é quen de acometer a súa función neste tema. E está claro que  a culpa desta práctica salvaxe non é máis que dos donos dos animais, pero o Seprona non parece moi eficaz se coa cantidade de denuncias do verán non erradicou as trancas do monte Xiabre e doutros enclaves do país.

E mentres, os que sofren non son os donos senón os cabalos no monte e os excursionistas, quen de súpeto, impotentes, se atopan ante tal espectáculo cruel.

Máis información

El maltrato a los caballos, una cruel realidad. Faro de Vigo. Marzo 2010

Os cabalos do monte Xiabre seguen sendo maltratados con pexas e trancas. La Voz de Galicia. Xuño 2010

Arrecian las críticas por la presencia de caballos con cepos en el monte Xiabre. Faro de Vigo. Xullo 2010

Máis imaxes ao premer en Seguir Lendo.

Advertisements

Conversa

3 thoughts on “Maltrato animal impune nos montes

  1. Esto tamén pasa no CUVI en Vigo. Átanlles unha corda entre unha pata dianteira e unha traseira e así non poden correr, non é comparable o dano que lles pode facer unha tranca desas pero é unha pena de todas formas.

    Posted by comomepos | 14/09/2010, 7:11 pm
  2. Se o Seprona non actúa nestes casos.. entón estamos listos.. poden limpalo cú con todas as suas leis, eu si vexo un cabalo así, ainda que sea un gran risco intentaréi acercarme e quitarlla, e cada un que faga o que lle pete coa sua vida.. estamos abandonados ante o poder dos cartos e os caciques.
    Os que fan eso presumen despois cando ven a Tv a grabar a rapa das bestas, cando as bestas son as que rapan os cabalos(despois de montalos e meterlles unha malleira para que brinquen ben e fagan espectáculo).

    Posted by Miguel | 17/09/2010, 10:06 am

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Tweets that mention Cambados(tk) » Maltrato animal impune nos montes -- Topsy.com - 16/09/2010

Nas redes sociais

Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago   Out »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: