Xa en marzo deste ano reclamaba Maribel Iglesias que se celebrase en 2011 o Ano Francisco Asorey, conmemorando o 50 cabodano do artista cambadés. Logo foi o Partido Socialista, a semana pasada, quen propoñía ao Concello de Cambados que se puxera mans á obra cos preparativos.
Paralelamente CANDEA achegábanos unha nota indicando que hoxe se reunirían con tod@s @s interesad@s en organizar actividades para o Ano Asorey. CANDEA (con Adela Leiro e Maribel Iglesias como coordinadoras) plantexa, obviamente, a súa achega como unha achega desde os centros educativos. Prevén dúas actividades a realizar, unha exposición e un libro a elaborar entre varios centros coa colaboración de pintores, escritores, fotógrafos… Pero tamén anuncian que dependen de axudas económicas para poder levar todo adiante.
Tanto Concello como PP de Cambados (por medio da deputada Rosa Oubiña) sairon rápidamente ao paso para declarar que xa tiñan pensado realizar unha serie de actividades en 2011 relacionadas con Asorey, e mesmo Oubiña se reuniu en Santiago co Conselleiro para falar do tema.
Hoxe é o BNG por medio do seu voceiro quen se suma á petición do Ano Asorey, e faino cun artigo no que se pide tamén a creación dunha comisión aberta a todo aquel que queira aportar e critica que no Ano Cabanillas se empregara aquela comisión para informar máis que para organizar, e tamén como plataforma de lanzamento da daquela concelleira de cultura e do novo alcalde Luis Aragunde.
Polo tanto plantéxanse varias conclusións/dúbidas
1) Hai unidade (polo menos á hora de anunciar mediaticamente) de cara á celebración dun Ano Asorey 2011 ao estilo do de Cabanillas.
2) Non se sabe se haberá por parte do Concello vontade de corrixir a pouca participación que ofreceu á oposición e aos colectivos en 2009. E isto inclúe apoio a actividades alleas ao Concello.
3) Hai disposición por parte de colectivos para levar adiante actividades de xeito independente ás institucións.
Mentres, e como petisco, suxírese o interesante blog sobre Francisco Asorey pacoasorey.blogspot.com. A imaxe, o monumento ao Sagrado Corazón en Cuntis, está extraída dese espazo.
Relacionados
Gracias polo petisco. Non o coñecía e a verdade e que é un bo petisco para ir abrindo boca.