//
arquivo

Archive for

A ruta do BNG por Castrelo será este martes


Coinicidindo co festivo o BNG volve a convocarnos á ruta por Castrelo que tiña pleaneada para a pasada fin de semana e que non puido celebrarse polo mal tempo.

A excursión a pé sairá ás 10.30 do Centro Cultural e percorrerá os lugares máis interesantes da parroquia. A actividade está aberta a todo aquel que desexe participar. Durará dúas horas e media e percorreranse cinco quilómetros.

Ano Asorey 2011

Tamén chega ao buzón de entrada de CTK unha nota do Bloque pedindo que con motivo dos preparativos do Ano Asorey 2011 se limpen e retiren os valados metálicos e as zonas axardinadas no monumento a Ramón Cabanillas, do propio homenaxeado, e á replica d’A Naiciña elaborada polo seu discípulo, José Cao Cata.

Estas observacións fixéronse tamén desde o blog Paco Asorey, onde ademais pode lerse unha anotación publicada hoxe na cal Maribel Iglesias propón e describe minuciosamente como cre ela que debería ser unha exposición dedicada ao escultor cambadés. Suxire, ademais, pedirlle axuda ao tamén escultor Francisco Leiro, quen xa participou hai 25 anos na montaxe da exposición que daquela se organizou.

Relacionados

Consulta o programa completo da ruta por Castrelo

Anterior En marcha co BNG para coñecer Castrelo

AnteriorO BNG organiza rutas para (re)descubrir Cambados

Nas redes sociais

Outubro 2010
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.