//
estás a ler...
Cambados

A política na prensa comarcal. Evolución


A partir de agora o seguimento que se fai desde Cambados(tk) da presenza dos tres partidos de Cambados na prensa comarcal farase deste xeito, como evolución por meses. Cada certo tempo publicarase a nova gráfica, que poderá ser accesíbel desde a barra lateral dereita, no apartado Eleccións 2011.

Esta primeira figura amosa a evolución das tres formación nos dous xornais analizados (Diario de Arousa e La Voz de Arousa). Vese que o PP é o que acumula maior publicacións nos diarios, en parte normal pola súa condición de partido de goberno tanto en Cambados como na Xunta. Apréciase tamén moi ben como nos meses do verán o Concello intensificou a maquinaria mediática (as festas do verán sempre foron aproveitadas como catapulta de notas prensa e visitas institucionais polos populares) e os partidos da oposición diminuíron o paso.

Nas tres gráficas seguintes trátase cada partido por separado e nelas pódese comprobar a diferenza que existe entre un medio e outro:

(preme para ampliar)

Vese claramente como o Diario de Arousa é quen máis cancha lle dá ao Partido Popular, tanto no Concello, como na Xunta como na Deputación. E para aos partidos da oposición ocórrelles o contrario: o Diario publica nas súas páxinas menos novas que os inclúan que La Voz de Arousa, que parece ser un pouco máis plural.

Veremos que vai acontencendo conforme se vaian acercando as eleccións municipais do ano que vén.

Conversa

2 thoughts on “A política na prensa comarcal. Evolución

  1. ten gracia como o PP sube en Xullo e Agosto, meses de tremendas comilonas

    Posted by free castrelo | 26/10/2010, 10:47 am

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Cambados(tk) » O papel da prensa (tamén da comarcal) - 20/10/2010

Nas redes sociais

Outubro 2010
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: