//
estás a ler...
Cambados, Galiza

A Xunta sobe os impostos da auga. Charlas informativas do BNG en cada parroquia


O Bloque Nacionalista Galego en Cambados remite á bandexa da entrada o seguinte escrito:

O Partido Popular está a preparar una brutal, desproporcionada e inxusta subida de impostos coa modificación da Lei de Augas, pois o novo canon  gravará por igual o consumo ou utilización da auga procedente de captacións propias (traídas veciñais ou pozos) e a procedente do abastecemento  municipal.  Polo tanto, con esta nova normativa, todos os usuarios de auga van a ter que pagar estes novos impostos.

Este proxecto de Lei  ten como único obxectivo aumentar a capacidade recadatoria da Xunta de Galiza.  A nova Lei propón substituir o actual canon de saneamento (en vigor desde o ano 1993) por dous novos impostos indirectos: o canon da auga e o coeficiente de vertido. Ademais non se trata dun imposto progresivo que incentibe o consumo responsable, senón que todos os usuarios domésticos, cun consumo  dentro da media de Galicia, van estar dentro  dos tramos de pago máis altos do novo imposto.

Para que a todos os veciños e veciñas de Cambados poidan informarse sobre a nova  normativa, durante  a próxima semana o grupo municipal do BNG dará unha charlas informativas en diferentes lugares do concello que se indican a continuación:

  • Martes día 19, ás 20:30 horas, no local da Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña
  • Mércores día 20, ás 20:30 horas, na Casa de Cultura de Castrelo
  • Xoves día 21, ás 20:30 horas, na Casa de Cultura de Corvillón
  • Sábado día 23, ás 18:30 horas, no Local do BNG en Cambados, e ás 20:30 horas, na Casa de Cultura de Vilariño
Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Outubro 2010
L M M X V S D
« Set   Nov »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: