//
arquivo

Archive for

O novo libro de visitas: Xoves 4 de Novembro


Este xoves poñerase en marcha o novo Libro de Visitas de Cambados(tk). Durante os últimos días un equipo de persoas (os beta testers de CTK) encargáronse de probar o novo taboleiro de opinión e de corrixir algún erro. Agora, o novo espazo de Cambados(tk) atópase a punto para que o xoves os lectores comecen a entrar e a participar.

Como será o novo libro de visitas de CTK?

De funcionamento sinxelo,  semellante ao anterior, pero bastante máis estético. Para participar hai dúas opcións. A primeira, parecida ao do libro de visitas vello, é a de opinar sen rexistro previo. Tan só haberá que introducir un nome e un correo (reais ou non) para enviar a mensaxe. Quen participe deste xeito deberá agardar a que un moderador lea a mensaxe a aprobe. Pídese, pois, paciencia, posto que esto pode facer o proceso algo máis lento.

A segunda opción é rexistrarse no libro de visitas. Isto, polo menos mentres non xurdan problemas, posibilitará a quen o faga saltarse a moderación previa e que a súa mensaxe sexa pública de xeito inmediato.

No libro de visitas expóñense tamén claramente as regras de xogo, que se sintentizan nunha simple frase: non será admitida calquera mensaxe que atente contra o principio do debate san e respectuoso.

O foro, creado a partir do peche do outro libro de visitas e pouco exitoso, será pechado e substituído por este novo espazo.

Ogallá o libro de visitas teña éxito e se dean debates interesantes e produtivos nos seguintes meses. Iso, a partir do vindeiro xoves, depende de vós.

Nas redes sociais

Novembro 2010
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.