Agora é o voso turno, vós decidides se volve a ser un lugar transitado ou cae no esquecemento. A partir de hoxe hai un novo espazo onde calquera pode dicir o que queira, co único requisito de ser respectuosos. Volve o libro de visitas, e podedes acceder a el a través do botón situado á marxe dereita do blog.
Reiterar a petición de paciencia coa aprobación das mensaxes, farase o máis rápido posíbel. Nas vindeiras horas poñerase tamén na marxe dereita do blog un enlace aos últimos comentarios do libro. Vémonos alí!
Relacionada
Este sábado terá lugar un festival organizado pola asociación Por Dereito. Por Dereito traballa pola inclusión social das persoas con autismo e vén desevolvendo xa durante anos un bo abanico de actividades no noso Concello. Agora, con este festival non só pretenden darse a coñecer senón que queren que o prezo simbólico de 5 euros sirva tamén para recaudar fondos para as actividades que realizan.
O evento comezará arredor das seis da tarde no Auditorio da Xuventude e haberá danza a cargo da escola Deborah de Pontevedra, e música a cargo da Escola e Conservatorio de música de Cambados, do grupo de jazz Combo Confussion, do de rock Tumbling Dice, e máis tradicional por parte dos pandereiteir@s de Sobradelo da Asociación Nós de Vilagarcía. Todo presentado por Radio Dance. O programa completo pódelo ler aquí.
As entradas, que como se comentou custan cinco euros, poden adquirise xa na tenda Nicolette (praza Clemencio Fernández Pulido, perto do INEM) ou ben o propio día no Auditorio. Non deixes de acudir e de paso colaborar con esta fermosa iniciativa.
Relacionado