//
arquivo

Archive for

Eleccións Municipais: publicado o resumo de 2007


Dentro do especial Eleccións 2011 de Cambados(tk) vén de ser publicado un pequeno resumo das eleccións pasadas, as de 2007. Xa hai semanas fora o turno do resumo de 2003, agora calquera lector pode poñerse ao día analizando datos de resultados, temática da campaña de cada partido e un moi breve repaso á lexislatura (moi moi breve, xa que da lexislatura versa parte deste blog e as anteriores versións de CTK).

Que máis agardar na sección Eleccións 2011? Proximamente, ao igual que se fixera no caso das eleccións galegas, irase publicando unha entrada por cada partido político analizando o que cada un deles fixo nestes tres anos e medio. Ademais, en canto cada un dos partidos comece a comunicar información sobre os comicios de Maio de 2011, farémonos eco de todas esas novas para analizalas aquí.

Lembra que podes comentar sobre este e outros temas no libro de visitas.

Relacionados

Especial Eleccións 2011 de Cambados(tk)

Libro de visitas de Cambados(tk)

Nas redes sociais

Novembro 2010
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.