//
estás a ler...
Artigos de opinión, Cambados

Unha longa precampaña electoral


Nas últimas semanas os voceiros do PP e do PSOE, Luis Aragunde e Domingo Tabuyo, teñen publicado durante as fins de semanas cartas abertas cruzadas. Cartas que, por certo, aportando cero ao debate municipal son dunha calidade bastante pobre (as últimas xa consisitían basicamente en chamarlle ao outro mentireiro). Isto é un claro síntoma dunha cousa: as eleccións municipais, a pesar de que aínda son para Maio do ano que vén, xa inflúen na actualidade política de Cambados.

Feito que tamén é respaldado pola recente publicación dun boletín informativo por parte dos socialistas ou por un artigo especial hoxe no Diario de Arousa. Este artigo analiza a situación actual dos tres partidos, especialmente dos tres portavoces. Nel afirma a xornalista Fátima Frieiro que Aragunde é por agora o único dos tres que parece será candidato seguro. Atreveríame a dicir que no Bloque a repetición de Caamaño está asegurada (e necesaria) e quizais é no PSOE onde podería haber cambios en beneficio de Rafael Blanco aínda que parece a estas alturas xa moi pouco probábel (Blanco ostenta ademais a responsabilidade comarcal do partido).

Canto ás expectativas é moi cedo para falar. O certo é que se ben a situación non é nada ventaxosa para a esquerda (nestes catro anos caeu o bipartito e o PSOE atravesa sen dúbida o seu peor momento de confianza) tamén é verdade que hai que ter en conta algo que moitas veces se obvia en Cambados: O PP non ten unha maioría para nada ampla (en 2007 a suma dos votos da oposición foi maior que a dos votos dos populares). Nos dous últimos comicios a súa vitoria foi moi axustada, co que o escenario sempre está aberto.

A tantos meses das eleccións si coincido co que a xornalista do Diario de Arousa emprega para rematar o artigo: a campaña influirá moito, e tamén as persoas e as mensaxes en xogo. Creo que o BNG xa tocou fondo en 2007 e repetindo o candidato e sendo coherente no seu discurso, propostas, e xente, conseguirá manterse e medrar sobre todo a costa dun PSOE que vai sufrir o mal momento xeral para eles (e un labor de oposición cando menos morno), e ao que lle toca parar de recibir votos dos nacionalistas.  Todo depende moito da resposta que reciba o PP dos seus electores, de como valoren ao novo candidato e de se a vitoria de Feijoó na Xunta vai repercutir electoralmente na nosa vila. Veremos, queda unha longa precampaña.

Relacionados

ESPECIAL ELECCIÓNS 2011 en Cambados(tk)

Boletín informativo do PSdeG-PSOE de Novembro de 2010

Artigo de Fátima Frieiro en Diario de Arousa. 14 de Novembro de 2010

Gráfica de evolución do voto en Cambados desde hai vinte anos

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Novembro 2010
L M M X V S D
« Out   Dec »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: