//
estás a ler...
Cambados

Un documento de Costas proba que é a avaliación de impacto ambiental no Saco é necesaria


O portavoz do BNG no Concello, Víctor Caamaño, vén de achegar á prensa un documento que acaban de recibir da dirección xeral de Costas na que confirman o que se leva mantendo desde esta web desde hai xa meses: a avaliación de impacto ambiental para as obras das comportas é necesaria.

O documento remitido ao BNG de Cambados polo Xefe do Servizo de Costas di que a Xunta pediu consello a este ente en Xullo deste ano e que Costas respondeulle da seguinte maneira ao mes seguinte: “el citado proyecto debe reconsiderarse completamente y someterse al procedimiento reglado de Evaluación de Impacto Ambiental”.

Víctor Caamaño declarou que o PP está empregando ocultismo e mentira para impoñer a súa postura sen importarlle os postos de traballo que están ameazados. E lembra que “a súa xestión municipal sobre o saneamento foi a culpable de que o banco marisqueiro do Saco  de Fefiñáns estea considerado, na actualidade,  Zona C e que polo tanto non se poida mariscar.”.

Até agora tiñamos connosco o poder dos argumentos, agora tamén os respalda un ente público como Costas. Que dirán Partido Popular, Xunta, Concello e representantes da Confraría e das mariscadoras agora? A mentira estase facendo demasiado evidente pese ao seu secretismo (este informe confirma que desde Agosto a Xunta sabía que a avaliación era necesaria). Que intereses defenden?

Documento relacionado

Podes ler aquí íntegro o documento de Costas

Advertisements

Nas redes sociais

Decembro 2010
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: