//
estás a ler...
Cambados

Víctor Caamaño reactiva o seu blog


O portavoz do BNG en Cambados, Víctor Caamaño, informou de que o seu blog (creado nas anteriores municipais de 2007 e cuxa actividade cesara a mediados de 2008) volve a ser reactivado. Desde o Bloque piden desculpas aos cambadeses pola falta de actualización e aseguran que durante este tempo estiveron a traballar polos cidadáns desde o seu lugar na Corporación Municipal.

LECTURA PREELECTORAL

O que si se pode desprender destes movementos do BNG é que Víctor Caamaño volverá a ser candidato en 2011 ao contar co respaldo dos seus compañeiros de filas. Como curiosidade, ao premer no botón “O meu equipo” no blog, que antes redirixía á candidatura das Municipais de 2007, agora anúnciase que a nova candidatura dos nacionalistas  está a ser confeccionada para “conseguir un equipo renovado que nos represente e nos defenda no Concello”. O Bloque pon a disposición dos lectores un email (bngcambados (arroba) live.com) para calquera suxerencia ou comentario.

OS PARTIDOS DE CAMBADOS EN INTERNET

Na rede social Facebook (amplamente empregada na actualidade) pódense atopar perfís tanto do BNG de Cambados (1564 amigos), como do Partido Socialista (584), como de Novas Xeracións (413) (a organización xuvenil do Partido Popular). Canto a webs existe esta de Víctor Caamaño e unha do Partido Socialista á que lle aconteceu tamén unha desactualización similar. Do Partido Popular non se coñecen páxinas ou blogs, aínda que como se denunciou algunha vez aquí empregan a oficial do Concello para publicitar a súa opción política.

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Decembro 2010
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: