//
estás a ler...
Cambados

Un novo documento de Costas pon en entredito a viabilidade do proxecto das comportas


O grupo municipal do PSdeG-PSOE a traves do perfil de Facebook de Cambados(tk) facilitou onte un novo documento de Costas no que se argumenta claramente en contra do proxecto presentado por Portos de Galicia para a instalación dunhas comportas no Saco de Fefiñáns.

É un informe de unha páxina de Xullo deste ano no que o Xefe de Sección Técnica de Xestión de Dominio Público pon de relevo as seguinte dúbidas acerca do proxecto que a Xunta de Galicia lles remite:

-Non se fai un estudo de alternativas do lugar de colocación da comporta.

-Non se define a realización de obra civil.

-Aínda que se recoñece que se producirá un impacto sobre o medio ambiente (calidade das augas, dinámica da zona, recursos vivos…) non se propoñen medidas correctoras e presupostadas.

Tamén explican neste informe que consecuencias pode ter a colocación das comportas:

-A construción pode ter impactos (ruidos, polvos) sobre os recursos vivos.

-Sobre a calidade da auga, haberá enturbiamento, e non está claro que se recupere a calidade da auga.

-O documento de Portos non especifica canto tempo van permanecer abertas e pechadas as comportas:  o río Ucha aporta sedimentos ao mar e esta dinámica verase afectada.

Por todas estas razóns o asinante do documento considera que si debe existir unha matriz de avaliación de impactos ambientais.

O PSdeG-PSOE, polo tanto, súmase ás peticións que viña realizando estes últimos días o BNG para pedir un estudo serio e riguroso sobre este proxecto e a súa influencia no medio e no marisqueo. Domingo Tabuyo, nunha nota de prensa facilitada a esta web pregunta: quen vai asumir as consecuencias medioambientais que se derivarán?

Relacionado

Podes ler o documento íntegro de Costas premendo aquí

Le a entrada en CTK sobre o primeiro documento de Costas que veu a luz

Advertisements

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Decembro 2010
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: