//
arquivo

Archive for

Toma posesión hoxe Maximino Cid, o home que venceu xudicialmente ao goberno do PP de Cambados


Oito anos lle fixeron falla a Maximino Cid Ferro para demostrar antes os xuíces o que xa demostrara nos exames para a praza de sarxento xefe da Policía Local de Cambados. A razón? Non era o candidato preferido polos gobernantes locais (Tourís, Aragunde e compañía) para asumir o posto para o que demostrou estar mellor preparado.

Naquel ano 2001 o tribunal encargado de corrixir os exames estaba composto por tres membros do goberno local (Tourís e Domínguez incluidos) e por dúas persoas da Xunta de Galicia. Casualmente na última proba, logo de aprobar as demais, os dous membros de Concello suspendérono. El creu que fora calificado inxustamente, e tiña razón.

Un perito, xa en pleno proceso xudicial, determinou que esa proba era merecente dun notábel alto. Aínda así o Concello agotou todas as vías legais para non recoñecer o evidente: tratouse dunha inxustiza como tantas se teñen dado en canto á selección de persoal no Concello de Cambados.

O que seguimos os cambadeses sen saber a estas alturas é cantos cartos se gastaron por parte do Concello nun proceso xudicial no que só eles crían, que empregaron para tentar lexitimar a súa política clientelar no goberno local.

Maximino Cid Ferro pode estar orgulloso, pois a súa resistencia, a súa perseverancia e a creencia de que a xustiza é lenta pero funciona, levouno a estar hoxe onde está. Tomará posesión oficial (aínda que xa leva meses traballando en Cambados) como saxento xefe. A desgraza é que os responsábeis dos oito anos de recursos e máis recursos siguen hoxe en postos de poder político (un como delegado da Xunta e outro alcalde!) e seguro que orgullosos do que fixeron. Porque perdón aínda non o pediron.

Actualización:

Parece mentira o que sucede coa prensa. La Voz de Galicia pecha así a noticia sobre a toma de posesión de Maximino: “Su llegada coincidió con un cambio en la alcaldía, ya que no hacía mucho que Luis Aragunde había sustituido a José Manuel Cores Tourís, lo que permitió abrir una nueva etapa en las relaciones entre el aspirante a sargento -ahora inspecto jefe- y la alcaldía.” Non será acaso mellor dicir “Su llegada coincidió con la imposiblidad para el Concello de recurrir en los tribunales”?. Non cabía recurso tras oito anos, ese é o verdadeiro motivo. O Concello nunca cambiou de parecer. Descoñezo cal é o interese da prensa por agachar os feitos e disfrazar a responsabilidade de Aragunde…

Imaxe do Diario de Arousa

Artigos anteriores relacionados

Canto custo o proceso xudicial contra Maximino Cid? – Nadal 2009

Maximino Cid: “creo na Xustiza” – Novembro 2009

O Aragunde que caeu do ceo (opinión) – Novembro 2009

Maximino Cid será o sarxento da Policía Local a finais de mes – Novembro 2009

Advertisements

Nas redes sociais

Decembro 2010
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.