//
arquivo

Archive for

Resultados da enquisa preelectoral


A enquisa preelectoral sobre os comicios municipais de Maio de 2011 tivo unha boa acollida na internet cambadesa. Durante os dez días que estivo aberta á participación foron 84 persoas quen acudiron á chamada de Cambados(tk). Amplía as figuras premendo nelas.

O PERFIL DO ENQUISADO: Xove, de esquerdas e galeguista

Así é, un 46% dos participantes dixo ter entre 18 e 25 anos e as persoas con menos de 35 anos foron un 72% do total. Polo tanto, esta terceira enquisa de Cambados(tk) foi a que maior interese espertou entre o sector da mocidade, curioso tendo en conta que era unha enquisa totalmente política a diferenza da anterior (Albariño).

Do mesmo xeito o perfil do enquisado é claramente progresista. Entre 1(esquerda) e 5(dereita) a media foi dun 2.0. Canto ao sentimento galego(1)/español(5) o resultado foi de 1.9. Isto cadra bastante coa liña editorial da páxina web desde o seu inicio.

OS MAIORES PROBLEMAS DE CAMBADOS: Política clientelar (enchufismo), cheiros e problemas ambientais

Estes foron os tres principais problemas que atoparon os cidadáns, seguidos da falta de apoio a colectivos e asociacións e mantemento de infraestruturas. O aparcamento foi o sexto problema en votos.  Os participantes tiñan a posibilidade de escribir libremente, neste sentido destaca a grande cantidade de referencias á falta de sensibilidade institucional do Concello (non convidar á oposición aos actos, xantar do Albariño, soberbia…). Podes ler todas as respostas íntegras aquí.

VALORACIÓN DOS GRUPOS POLÍTICOS: PP e PSOE suspenden e aproba por pouco o BNG. Aragunde o máis coñecido seguido de Tabuyo e Víctor Caamaño

Bastante estritos foron os participantes á hora de valorar aos tres grupos políticos con representación. Podíase puntuar do 1 ao 5. O PP obtivo unha nota media de 1.9, a peor dos tres, o PSOE acadou un 2.4, no límite pero suspenso, e o BNG un 2.9, pouco por riba do aprobado.

Canto coñecemento dos diferentes políticos, os máis coñecidos foron, obviamente os líderes: o máis popular foi o alcalde Luis Aragunde (97.6%), seguido de Domingo Tabuyo (96.4%) e Víctor Caamaño (91.6%). Situouse algo por detrás MªJosé Cacabelos, BNG, (70.2%) e xa a bastante distancia o tenente de alcalde Antonio Iglesias (40.5%) e o concelleiro do PSOE Rafael Blanco (38.1%).

O CAMBIO POLÍTICO: Desexado pero non críbel

Quizais sexa este o punto que máis chame a atención da enquisa. Un 68% cre que non vai haber un cambio político nas vindeiras municipais, a pesar de que o 76% desexa que iso ocorra. Chama a atención polo perfil do enquisado, potencial votante da esquerda, que non ve crible hoxe por hoxe que o cambio vaia suceder en Maio.

Estas respostas contrastan coas recollidas na última pregunta da enquisa, na cal se podía deixar calquera comentario respecto das eleccións municipais. Neste caso un número elevado de participantes piden un cambio político (“a perpetuidade no poder é a enfermidade crónica deste Concello”, dixo un enquisado). Outro, ademais, se dirixen á oposición porque “debería ser máis agresiva” ou “son persoas pouco cercanas. Hai opinións para todos os gustos, o mellor é lelas integramente, neste enlace.

Cando a campaña estea realmente cerca, Cambados(tk) lanzará de novo unha enquisa para pulsar daquela a percepción dos lectores, e sobre todo, comparala coa que existe neste momento.

Relacionados

Os resultados da enquisa. Podes acceder aquí aos resultados completos da enquisa preelectoral de Cambados(tk).

Eleccións 2011. Especial eleccións municipais en Cambados(tk)

Advertisements

Mañá os resultados da enquisa aquí


A enquisa preelectoral que se estivo levando a cabo desde esta web xa está fechada e os datos están sendo tratados. O número total de participantes foi de 88, pero só poderán ser empregados 84 votacións por restriccións da plataforma de enquisas empregada.

A partires de mañá todo aquel que queira poderá ver os resultados completos (comentarios incluidos) neste espazo, ben a través do informe completo en pdf que se colgará, ben a través dos resultados que se amosarán nunha anotación do blog.

Nas redes sociais

Decembro 2010
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.