//
arquivo

Archive for

Colectivo Ecoloxista do Salnés: as comportas servirán para ocultar os verquidos


Recibimos hoxe unha nota de prensa do Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) na cal se pon de relevo a mesma argumentación que tanto desde a oposición como desde esta mesma páxina e do propio servizo de Costas do Estado se ten empregado.

Para os ecoloxistas nos últimos anos diversas actuacións no Saco (estrada ao Porto e contradiques) xa empeoraron a situación medioambiental e económica, ao depositarse limos trala modificación das correntes. Unha das zonas marisqueiras máis productivas “foi esmorecendo ata a súa declaración como zona C”.

O CES tacha o proxecto das comportas como “ideas peregrinas comparables a quen varre na súa casa e bota o lixo debaixo da alfombra”, xa que a actuación non fará máis que tapar ao nariz a mala xestión do Concello de Cambados no referente ao saneamento na zona, respecto ao cal “non perciben pasos en pro”.

“Ao evitar a baixamar, a materia orgánica non queda exposta ao ar nin ao calor, polo que os seus efectos no olfacto minimízanse, pero realmente á contaminación será cada vez mais concentrada nas augas estancadas e nos seres vivos que alí sobreviven.”

Critican tamén os ecoloxistas que o proceso se faga sen participación pública nin Estudo de Impacto Ambiental, “unha ilegalidade”, na súa opinión.

A administración, cren, debe invertir máis en saneamento das augas fecais e menos en operacións estéticas, así como mellorar as infraestruturas portuarias para permitir unha maior permeabilidade das correntes mariñas.

Relacionado

Le a nota de prensa completa do Colectivo Ecoloxista

Advertisements

Os resultados da enquisa levan a Cambados(tk) ao máis lido en Blogaliza


Se onte a nova era que os resultados da enquisa de hai 2 días producían unha subida de lectores tal que Cambados(tk) ocupaba o sexto posto en blogs máis lidos en Blogaliza.org, hoxe coñécese que no día de onte CTK acadou a oitava praza (e cun maior número de visitas). Grazas a tod@s @s que vos pasades por aquí e ogallá o que se publica sexa do voso interese.

Nas redes sociais

Decembro 2010
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.