//
arquivo

Archive for

Tabuyo será candidato do PSdeG por quinta vez


Como noticia exclusiva, o Faro de Vigo publica hoxe a nova de que Domingo Tabuyo será candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cambados. O político, tamén deputado en Madrid, asume este reto por quinta vez (desde 1991 ocupa un asento na Corporación Municipal),  logo de ter levado ao seu partido desde un concelleiro até os cinco que ten na actualidade.

Esváense así as dúbidas sobre a súa candidatura en detrimento do concelleiro Rafael Blanco, quen tamén soaba para encabezar a lista socialista.

UNHA PERSOA, UN CARGO

Esta é a máxima coa que o novo secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez, chegou ao seu posto ao suceder a Toruiño. Porén, esta norma do partido só compete aos deputados autonómicos, que non poden aspirar a outros cargos (municipais, por exemplo) sen abandonar o seu escano en Santiago de Compostela. Aínda que non ten demasiado sentido, os deputados en Madrid están exentos desta norma e poden acumular cargos, polo que Tabuyo non terá inconvenientes por esa parte.

O RETO DO PSOE

Domingo Tabuyo declaro a Faro de Vigo que se presenta para acadar a alcaldía de Cambados, liderando un novo goberno progresista. Aínda así, o PSOE ten o reto principal de defender a representación obtida ante os malos tempos que se lle auguran ao partido do Goberno de España e manter a segunda posición electoral en Cambados.

PRESENTACIÓN DE NOVO POEMARIO

A primeira aparición en público de Domingo Tabuyo tras este anuncio será o vindeiro venres no Centro Comarcal para presentar o seu novo poemario, Cadernos de París. Será a partires das 19.30 e participarán tamén os escritores Ramón Caride e Emilio Ínsua. Haberá lectura de poemas a cargo de Isabel González Avión, Xosé María Vila Ribadomar e de Marité Aragunde García.

Advertisements

Teatro: "El amor de Fedra" no Auditorio da Xuventude


A escola municipal de teatro de Cambados representará este sábado 18 de Nadal a partires das 19.00 a obra El amor de Fedra de Sarah Kane. Será no Auditorio da Xuventude e forma parte da programación cultural do Concello de Cambados. Cartel extraído de Unha Grande Chea.

Nas redes sociais

Decembro 2010
L M M X V S D
« Nov   Xan »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.