//
arquivo

Archive for

A Deputación reserva para período preelectoral as obras na Cultural


Hai meses coñecíamos a intención da Deputación de Pontevedra de sufragar melloras no edificio da Sociedade Cultural de Cambados por un valor de 700.000 euros. Louzán visitou Cambados, entrou na Cultural, e saiu anunciando tal millonaria concesión (se falamos en antigas pesetas, máis de 100 millóns!) fronte ao alcalde Aragunde, que xustificou a decisión porque “é un edificio que ten moita historia enriba” e o presidente da Sociedade Cultural, Luis Somoza, eterno aspirante a Patrón Maior de Cambados e organizador das Festas da Valvanera, que se fixo coa presidencia da Cultural nunha asemblea na que até tres persoas declinaron o posto antes de que soara o seu nome.

700.000 euros de todos que van ser invertidos na remodelación dun edificio (un edificio normal, porque quen lea a prensa igual agarda atoparse un pazo secular) que é a sede dunha asociación que si, ten moita tradición, pero que non deixa de ser un ente privado, cuxas instalacións en principio poden ser explotadas en exclusiva polos seus socios. E unha asociación que non ocupa nin sequera un dos primeiros postos en dinamización da vida cultural neste Concello.

Hoxe a prensa publica outro capítulo de propaganda de Rafael Louzán sobre o tema, e o único novo que se aporta é a data de inicio das obras: será en principio arredor de Abril deste ano (aínda que xa dixera que comezarían en Novembro do ano pasado), casualmente o mes anterior ás eleccións municipais. Cabe lembrar que nesas eleccións non só nos xogaremos o futuro do goberno local, senón que a Deputación tamén estará en xogo e está na nosa man evitar que persoas como Rafael Louzán, que empregan a política ao seu antollo persoal como se foran donos do que é de todos, poidan seguir ostentando cargos públicos.

Imaxe extraída do Diario de Arousa

Nas redes sociais

Xaneiro 2011
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.