//
estás a ler...
Cambados

A Deputación reserva para período preelectoral as obras na Cultural


Hai meses coñecíamos a intención da Deputación de Pontevedra de sufragar melloras no edificio da Sociedade Cultural de Cambados por un valor de 700.000 euros. Louzán visitou Cambados, entrou na Cultural, e saiu anunciando tal millonaria concesión (se falamos en antigas pesetas, máis de 100 millóns!) fronte ao alcalde Aragunde, que xustificou a decisión porque “é un edificio que ten moita historia enriba” e o presidente da Sociedade Cultural, Luis Somoza, eterno aspirante a Patrón Maior de Cambados e organizador das Festas da Valvanera, que se fixo coa presidencia da Cultural nunha asemblea na que até tres persoas declinaron o posto antes de que soara o seu nome.

700.000 euros de todos que van ser invertidos na remodelación dun edificio (un edificio normal, porque quen lea a prensa igual agarda atoparse un pazo secular) que é a sede dunha asociación que si, ten moita tradición, pero que non deixa de ser un ente privado, cuxas instalacións en principio poden ser explotadas en exclusiva polos seus socios. E unha asociación que non ocupa nin sequera un dos primeiros postos en dinamización da vida cultural neste Concello.

Hoxe a prensa publica outro capítulo de propaganda de Rafael Louzán sobre o tema, e o único novo que se aporta é a data de inicio das obras: será en principio arredor de Abril deste ano (aínda que xa dixera que comezarían en Novembro do ano pasado), casualmente o mes anterior ás eleccións municipais. Cabe lembrar que nesas eleccións non só nos xogaremos o futuro do goberno local, senón que a Deputación tamén estará en xogo e está na nosa man evitar que persoas como Rafael Louzán, que empregan a política ao seu antollo persoal como se foran donos do que é de todos, poidan seguir ostentando cargos públicos.

Imaxe extraída do Diario de Arousa

Conversa

One thought on “A Deputación reserva para período preelectoral as obras na Cultural

  1. Sería interesante que os entendidos en dereito penal analizaran este caso por si entra nun presunto delito de prevaricación e malversación de fondos públicos; parece que no dereito penal non vale a analoxía pero un caso parecido foi denunciado por ¨El Centro de Estudios Juridicos Tomás Moro¨ contra López Garrido
    por axudas dende a sua Secretaría de Estado a Fundación Alternativa.

    Posted by Ramiro | 07/01/2011, 10:22 pm

Nas redes sociais

Xaneiro 2011
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: