Unha maioría aplastante das mariscadoras (160 sobre 180) decidiu hoxe non baixar a realizar a preparación do terreo para o translado do marisco do Saco de Fefiñáns, que está considerado zona C (non se pode traballar nel) polos continuos verquidos. A súa decisión xira entorno a dous puntos clave:
–A falta de información sobre o proxecto das comportas no Saco. A finais do pasado mes xa presentaran na Confraría máis dos dous terzos de sinaturas necesarias para forzar unha asemblea sobre o tema. Quéixanse de que o proxecto foi aprobado sen contar con elas.
–O retraso no saneamento da zona. O Saco está declarado zona C, e mentres as comportas xa foron licitadas o saneamento sigue sen ser realidade, como onte se comenaba nesta web.
Nas declaracións que recolleu o Canal RíasBaixas e que Cambados(tk) reproduce máis abaixo varias portavoces das mariscadoras expresaban estas ideas, ademais de amosarse molestas porque na prensa se recollera que este colectivo apoiaba as comportas cando non se pronunciarion sobre iso por falta de información (refírense ao apoio da súa presidenta, que ao parecer non conta co respaldo de máis do 88% do colectivo). Ademais acusárona de coacción, xa que segundo elas apareceu para dicirlles que se hoxe non baixaban a traballar o luns non o poderían facer. O Patrón Maior, Benito González, asegurou que era un “tema político” e que debían ir a protestar ao Concello. Non quixo facer máis declaracións.
De non ter resposta da Confraría nos vindeiros días acudirán á Consellaría do Mar coas sinaturas que forzan a asemblea sobre o tema.